Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xullo de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución do contrato de compravenda do que é titular Juan Antonio Bao Parada.

Visto o expediente de desafiuzamento iniciado contra Juan Antonio Bao Parada, titular da vivenda de VPO identificada como expediente C-40-IV/76, conta 93.

Resultando que no DOG do 2-8-1996 foi publicado requirimento para o pagamento da débeda de 1.778.369 ptas., que o titular debía pola vivenda adxudicada en contrato de compravenda subscrito o 1-5-1981.

Considerando que a falta de pagamento dos recibos aprazados é causa suficiente de desafiuzamento e resolución do contrato outorgado, conforme a súa cláusula III e os artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil.

Considerando que con data do 7-4-1998 Juan Antonio Bao Parada fai renuncia expresa á titularidade do contrato, o que repite, en comparecencia perante a Dirección Xeral do IGVS o 30-6-1998, Carmen Franco Domínguez, separada daquel por sentencia do 3-10-1983, do Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral aplicación, acordo a resolución de pleno dereito do contrato de compravenda outorgado sobre a vivenda identificada como expediente C-40-IV/76, conta nº 93.

Contra a devandita resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario conforme os artigos 107.1º e 114 e 117 da LRXAP e PAC, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa recepción. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 28 de xullo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: C-40-IV/76.

Conta: 93.

Nome: Juan Antonio Bao Parada.

Último enderezo coñecido: polígono de Elviña II fase, bloque 16, portal 1-10º D (A Coruña).

Data da resolución: 28 de xullo de 1998.

7573