Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de xullo de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado por resultar descoñecido o seu domicilio, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 28/97.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto

1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 200.000 ptas. sen prexuízo da obrigación de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de xullo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-VP-C 28/97.

Francisco Cortizas Álvarez e herdeiros.

Labañou, bloque 2, P-1, baixo B (A Coruña).

7805