Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 30 de abril de 1998, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística das parcelas propiedade de Construcciones Rocafre, S.L., sitas na r/ Río Xubia, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de febreiro de 1998, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 2/1997 no ensanche, comprendendo as parcelas propiedade de Construcciones Rocafre, S.L., sitas na r/ Río Xubia, cualificadas no plan xeral como edificable en 399,12 m e como zona verde V-65 en 514 m e na segunda parcela, no ámbito da UA-18. No Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo de 1998 e no Ideal Gallego do 5 de marzo de 1998 publicouse o anuncio de aprobación inicial, someténdose a información pública polo prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de información pública e non presentada ningunha reclamación, segundo consta no certificado do rexistro xeral; a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 16 de abril de 1998, en votación ordinaria pola maioría, coa abstención para o Pleno do representante do grupo municipal Independentes por Ferrol, acordou

propoñer ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 2/1997 no ensanche, comprendendo as parcelas propiedade da empresa Construcciones Rocafre, S.L. que compoñen as dúas zonas da unidade:

Zona 1. Parcela de 399,12 m destinada a edificación residencial, cos seguintes lindeiros: norte, zona verde V-65; leste, outra parcela da mesma propiedade; sur, r/ Río Xubia e oeste, zona verde V-65.

Zona 2. Parcela de 372 m destinada a zona verde do sistema local (V-65) que se compón de dúas zonas. A zona A é unha parcela de 122 m que linda: norte, vía do ferrocarril de Ferrol a Betanzos; sur, resto da zona verde V-65; leste, Leonardo Sanjurjo e oeste Ignacio Panete. A zona B é unha parcela de 250 m lindeira coa anterior que linda: norte, parcela A; sur, r/ Río Xubia; leste, descoñecidos e oeste, predio de Ignacio Panete. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG, sen prexuízo de calquera outro que coide procedente».

Ferrol, 19 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

7316