Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Láncara.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: o presente contrato ten por obxecto o concurso da limpeza do colexio público, centro de saúde e dependencias municipais.

b) Lugar de execución: A Pobra de S. Xiao (Láncara).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total incluído IVE e proxecto técnico: tres millóns catrocentas mil pesetas (3.400.000).

5. Garantías:

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (68.000 ptas.).

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación (136.000 pesetas).

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Láncara, Rosalía de Castro s/n, A Pobra de S. Xiao, C.P. 27360 Lugo. Teléfono: 982 54 30 77 e 982 54 31 52.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se necesita clasificación.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Láncara, Rosalía de Castro s/n.

9. Apertura de ofertas:

Levaranse a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Láncara.

10. Gastos de anuncio:

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Láncara, 20 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7778