Obra: biblioteca na parroquia de Santa María de Cela.
Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de agosto actual, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso para adxudicación das obras de biblioteca na parroquia de Santa María de Cela, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles, a partir da inserción do presente anuncio no BOP ou no DOG (último deles) para efectos de exame e posibles reclamacións.
De xeito simultáneo anúnciase concurso público polo procedemento aberto, se ben a licitación se aprazaría caso de ser necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o dito prego.
1. Obxecto : biblioteca na parroquia de Santa María de Cela.
2. Tipo de licitación: 8.536.175 ptas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Prazo de execución: 6 meses.
5. Obtención documentacion: Departamento de Secretaría do Concello de Bueu. Tlf. 986 32 02 52, fax 986 32 20 99.
6. Fianza definitiva: 4% do importe de licitación.
7. Requisitos do contratista: non se esixe clasificación.
8. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da Casa do Concello, en horario de 8 a 14.30 horas (sábado de 9.30 a 13) durante os 26 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou DOG (último deles).
Bueu, 8 de agosto de 1998.
Xosé Novas Piñeiro
Alcalde
7005