Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

Obra: sumidoiro pluviais e iluminación rúa Ramón Bares.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de agosto actual, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso para adxudicación das obras de sumidoiro pluviais e iluminación rúa Ramón Bares, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles, a partir da inserción do presente anuncio no BOP ou no DOG

(último deles) para efectos de exame e posibles reclamacións.

De xeito simultáneo anúnciase concurso público polo procedemento aberto, se ben a licitación se aprazaría caso de ser necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Obxecto: sumidoiro pluviais e iluminación Ramón Bares.

2. Tipo de licitación: 10.617.159 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Obtención documentacion: Departamento de Secretaría do Concello de Bueu. Tlf. 986 32 02 52, fax 986 32 20 99.

6. Fianza definitiva: 4% do importe de licitación.

7. Requisitos do contratista: non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da Casa do Concello, en horario de 8 a 14.30 horas (sábado de 9.30 a 13) durante os 26 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou DOG (último deles).

Bueu, 8 de agosto de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

7773