Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCION do 13 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da asistencia consistente no control de calidade da obra separata número 2 da urbanización do polígono de Esteiro, Ferrol. (Expediente C-97/URB 01).

Obxecto: execución do control de calidade de obras de urbanización.

Orzamento: tres millóns seiscentas vinteunha mil seiscentas trece (3.621.613) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: dispensada.

Garantía definitiva: cento corenta e catro mil oitocentas sesenta e catro (144.864) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto ó dispor dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no resxistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, ruenida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios contrais do IGVS, ás dez trinta (10:30) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1998.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7781