Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación de tres consultorías e asistencias para a redacción de proxectos técnicos de obras.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de consultoría e asistencia:

1. Redacción do proxecto básico e de execución e do estudio de seguridade e saúde da restauración de cuberta, supresión de humidades e limpeza e reparación de fábricas da Catedral de Mondoñedo (Lugo).

Orzamento de licitación: 3.621.464 pesetas (tres millóns seiscentas vinteúnha mil catrocentas sesenta e catro pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Redacción do proxecto básico e de execución e do estudio de seguridade e saúde de reposición das cubertas, impermeabilizacións, restauración de fábricas e vidreiras na Catedral de Lugo.

Orzamento de licitación: 4.692.033 pesetas (catro millóns seiscentas noventa e dúas mil trinta e tres pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Redacción do proxecto básico e de execución e do estudio de seguridade e saúde da intervención na Catedral de San Martiño, en Ourense.

Orzamento de licitación: 5.689.430 pesetas (cinco millóns seiscentas oitenta e nove mil catrocentas trinta pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Garantía provisional: non se esixe.

Exposición da documentación: o prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no Rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1998.

P.D (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

7780