Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 20 de agosto de 1998 Páx. 9.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da obra separata número 2 da urbanización do polígono de Esteiro, Ferrol. (Expediente C-97/URB 01).

Obxecto: execución de obras de urbanización.

Orzamento: trescentos sesenta e dous millóns cento sesenta e unha mil duascentas noventa e dúas (362.161.292) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Clasificación: grupo G; subgrupo 4; categoría e.

Grupo E; subgrupo 1; categoría e.

Grupo I; subgrupo 1; categoría e.

Grupo K; subgrupo 6; categoría e.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: catorce millóns catrocentas oitenta e seis mil catrocentas cincuenta e unha (14.486.451) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto ó dispor dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no resxistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, ruenida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios contrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado

partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1998.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7575