Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 19 de agosto de 1998 Páx. 9.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta levantada pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de siderometal e talleres de reparación de vehículos de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo do sector de siderometal e talleres de reparación de vehículos (código nº 3200305) de Ourense, publicado no BOP nº 142 do 23-6-1998, co fin de corrixi-lo artigo 38 do citado texto, con entrada nesta delegación provincial , subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais, CCOO, UGT e CIG, na xuntanza celebrada o día 3-7-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 14 de xullo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Reunida a comisión mixta paritaria do convenio colectivo de siderometalurxia da provincia de Ourense e observando que neste convenio, recentemente asinado, no artigo 38, permisos e licencias, non figura por error: por consulta médica, o tempo necesario con xustificación.

Acordamos, engadir no citado artigo o dito texto e remiti-lo presente acordo á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa posterior publicación no BOP.

Ourense, 3 de xullo de 1998.

7384