Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 19 de agosto de 1998 Páx. 9.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Estacionamientos y Servicios, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Estacionamientos y Servicios, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-7-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 15-5-1998, de conformidade co disposto na disposición adicional 2ª do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de xullo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de acordo final.

Representación social: Juan Lago Vilanova.

Representación empresarial: Ernestro Rodríguez Comesaña.

Na cidade de Vigo, ás 11 horas do día 15-5-1998, reúnese nos locais da empresa Estacionamientos y Servicios, S.A., a comisión negociadora do convenio, co obxecto de dar cumprimento, coa aprobación das partes, á actualización das táboas salariais:

Despois de diversas deliberacións, as partes acordan:

1. Aproba-las táboas salariais para o ano 1998, nun 2,5%.

2. A vixencia das ditas táboas estenderase do 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998.

3. As táboas do ano 1998 enténdense como provisionais, e deberán regularizarse ó final do ano co IPC real do dito ano máis un punto.

4. Dar traslado deste acordo á autoridade laboral para o seu rexistro e publicación no BOP.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión, asinando os presentes en proba de conformidade.

Táboa salarial do persoal adscrito ó servicio de retirada, depósito e custodia de vehículos, contedores, indebidamente ou defectuosamente estacionados, parados ou depositados na vía pública do termo municipal de Vigo

Vixencia desde o 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998 (provisionais).

Categoría

Salario

base

365 días

Plus

asistencia

274 días

Plus

transporte

274 días

Pagas

extras

Vera./Nadal

Bruto

anual

Encargado4.14180300124.2301.864.045
Conductor2.9358030088.0501.351.495
Controlador Dep.2.8888030086.6401.331.520
Aux. administrativo (mensual)86.6342.4007.48086.6341.331.436

7068