Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) na Barcia.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 31 de outubro de 1997, aprobou definitivamente o plan parcial do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) na Barcia, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do plan parcial definitivamente aprobado no BOP número 167, do 22 de xullo de 1998.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7720