Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 28-5-1998, aprobou definitivamente o proxecto de compensación e o proxecto de urbanización da unidade de execución U.E.I.-22 (Osedo) presentado polo propietario único.

O dito acordo pon fin á vía administrativa e contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Sada, 8 de xuño de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

7733