Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día da data publicáronse íntegros os pregos de condicións para adquisición de maquinaria e vehículos para o servicio de vías e obras e cooperación, co seguinte resumo:

-Tres vehículos diésel con potencia mínima de 60 HP e tipo de licitación de seis millóns trescentas mil pesetas (6.300.000 ptas.).

-Unha apisoadora con peso mínimo de 6.700 kg, cun tipo de licitación de once millóns setecentas mil pesetas (11.700.000 ptas.).

As ofertas e documentación presentaranse ata as doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral desta deputación. A apertura da documentación terá lugar o día seguinte ás doce horas no pazo provincial. Os pregos de condicións serán facilitados gratuitamente ós que o soliciten no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 35 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

Ourense, 5 de agosto de 1998.

O presidente

Rubricado