Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO.

Aprobación inicial dunha modificación puntual das normas subsidiarias municipales de planeamento de Allariz (NNSS).

O Pleno do Concello de Allariz, en sesión celebrada o día 17 de xullo de 1998, aprobou con carácter inicial un proxecto de modidificación puntual das NNSS (referencia: U98P-01.MPNNSS) redactado por Consultora Galega, S.L. que afecta a determinados terreos lindantes coa nova vía de acceso a Acearrica, zona da estrada de Xunqueira e lugar do Ferradal.

Igualmente quedou aprobado un convenio urbanístico celebrado cos propietarios dos terreos do Ferradal afectados, incluídos nos proxecto de modificación puntual antes citado.

En cumprimento destes acordos e do disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997) ábrese un trámite de información pública durante un mes, mediante o presente anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región de Ourense.

O expediente completo, xunto co proxecto técnico, está á disposición de tódolos cidadáns, na secretaría do Concello de Allariz, praza Maior, 1, de luns a venres laborables, das 9 ás 14 horas.

Allariz, 17 de xullo de 1998.

Anxo M. Quintana González

Alcalde

7689