Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MERCA

ANUNCIO de contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Merca.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización da obra de abastecemento e saneamento en Parderrubias-Nigueiroa.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: 13.489.200 ptas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre o orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Merca. Secretaría.

b) Domicilio: estrada Ponte Sevilla. Celanova, s/n.

c) Teléfono e fax: 988 26 00 00.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de propostas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada para o efecto no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

c) Enderezo: estrada Ponte Sevilla. Celanova, s/n, A Merca, Ourense, CP 32830.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello da Merca, no domicilio citado.

b) Data: o seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación das ofertas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Merca, 4 de agosto de 1998.

Manuel Vázquez Outeiriño

Alcalde

7163