Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 139, con data de 22 de xullo de 1998, aparecen publicadas as bases para a provisión de tres plazas de peóns de obras e servicios, grupo E, persoal funcionario, correspondentes á oferta de emprego público de 1997, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento, facéndose constar que os sucesivos anuncios referentes á presente convocatoria soamente serán publicados no BOP de Pontevedra e no taboleiro de edictos da casa do concello.

Bueu, 4 de agosto de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

7245