Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de xullo de 1998, da área provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 19/1997 e VP-C 20/1997.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto

1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 200.000 ptas., sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 17 de xullo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial da Coruña

7714