Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-224/97 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución dictada no expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante a instructora as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 17 de xullo 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-224/1997.

Denunciado: José García Carrera.

Último domicilio coñecido: Xinzo. O Viso, 11. Ponteareas.

Feito denunciado: cazar sen ser titular da licancia de caza, sendo sorprendido coa escopeta cargada e preparada para disparar cando transitaba por unha pista por onde circulan vehículos e persoas, o día 14 de decembro de 1997, termo municipal Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigos 58.2º e 57.35º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 120.000 pesetas e retirada da licencia e inhabilitación durante 1 ano e 1 día.

7499