Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.480

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a José Benito Vázquez Dorrío (praza 68/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por reso

lución da Universidade de Vigo do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada do departamento de Física Aplicada, a prol de José Benito Vázquez Dorrío, con documento nacional de identidade número 34.965.081 e cumprindo o interesado os requisitos ós que se refire o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto,

de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Benito Vázquez Dorrío, profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 28 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7412