Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de substitución e modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1989; XG-165, entre Noia e Padrón.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execucion, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, inicouse expediente de substitución e modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a incorporación dos tramos Asenso-Outes e SuevosOutes como anexo da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1989; XG-165, entre Noia e Padrón, da titularidade de Manuel Ferrín Suárez.

Este expediente de modificación concesional terase en conta na tramitación do expediente de substitución da mencionada concesión, publicado no DOG do 26 de febreiro de 1992.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente, no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

7411