Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 24 de xullo de 1998 pola que se fixan os prezos de inscrición para o congreso Talleres 98: Materia e Conservación, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no mes de setembro de 1998.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede regula-los prezos de inscrición para a asistencia ó congreso Talleres 98: Materia e Conservación, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1993, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. As tarifas esixibles polo prezo privado 36.29.00 «Cursos, xornadas e seminarios, como contraprestación polos servicios de impartición do congreso xestionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural», son as que se fixan no anexo a esta orde e xestionaranse de acordo co disposto na normativa vixente en materia de prezos privados.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

A inscrición no congreso Talleres 98: Materia e Conservación terá dúas tarifas:

1. Contía que deberán paga-las persoas que acrediten ter realizados ou estar realizando estudios no curso académico 1997-1998, en calquera das universidades españolas:

Contía por persoa: 15.000 pesetas.

2. Contía que deberán paga-las persoas que non se atopen nas circunstancias anteriores:

Contía por persoa: 25.000 pesetas.

6854