Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALLEGO E IBEROAMERICANO DE LA SALUD

ACORDO do 31 de xullo polo que se nomea director da fundación.

O padroado da fundación, con domicilio en Santiago de Compostela, na súa reunión celebrada o día 28 de xullo deste ano, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11º e) dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 1997, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do director

da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, anunciada no Diario Oficial de Galicia correspondente ó día 9 de xullo de 1998.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, faise público o seguinte acordo:

Primeiro.-Nomear director da fundación a Francisco Reyes Santias.

Segundo.-Dada a condición de funcionario público da persoa nomeada, tramitarase da súa Administración de orixe o paso á situación administrativa que lle corresponda.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

José María Hernández Cochón

Presidente do Padroado da Fundación Foro

Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud

7570