Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día vintenove de xullo último publicouse o prego de condicións íntegro para o concurso da subministración a esta deputación de corenta e cinco mil unidades de castiñeiros, doce mil cincocentas de nogueiras e vintedúas mil de carballos. As ofertas e documentación presentaranse ás doce horas do día tres de setembro de 1998, no rexistro xeral desta deputación. A apertura de documentación terá lugar o día seguinte ás doce horas no pazo provincial. Os pregos de condicións seranlles facilitados gratuitamente ós que os soliciten no rexistro da Deputación de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Ourense, 3 de agosto de 1998.

O presidente

Rubricado

7653