Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998 pola que se convoca o proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

En cumprimento de la Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro) de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

As prazas convocadas no Centro de Innovación e Servicios da Madeira (6 prazas) son:

a) 2 prazas de titulado superior ou medio. A titulación esixida será a de enxeñeiro superior ou técnico, licenciado en química industrial, licenciado ou diplomado similar ó xuízo da comisión de selección.

b) 1 praza de arquitecto ou arquitecto técnico. A titulación esixida será a de arquitecto ou arquitecto técnico.

c) 1 praza de técnico FP II auxiliar de laboratorio. A titulación mínima esixida será a de FP 2 na rama da madeira ou equivalente.

d) 1 praza de técnico FP II administración. A titulación mínima esixida será a de FP 2 na rama de administración ou equivalente.

e) 1 praza de auxiliar administrativo. A titulación mínima esixida será a de graduado escolar ou equivalente.

As prazas convocadas no Laboratorio Oficial de Metroloxía (8 prazas) son:

f) 3 prazas de técnico titulado superior. A titulación esixida será a de enxeñeiro industrial, de telecomunicacións ou licenciado en física.

g) 1 praza de técnico titulado medio. A titulación esixida será a de enxeñería industrial ou técnica industrial na especialidade de mecánica, máquinas ferramentas e/ou outra especialidade vencellada coa fabricación.

h) 1 praza de técnico FP II administración. A titulación mínima esixida será a de FP 2 na rama de administración ou equivalente.

i) 1 praza de técnico FP II auxiliar de laboratorio. A titulación mínima esixida será a de FP 2 na rama de auxiliar de laboratorio ou equivalente.

j) 2 prazas de operario de laboratorio. A titulación mínima será a de graduado escolar ou equivalente.

A praza convocada na oficina de Servicios Xerais (1 praza) é:

k) 1 praza de técnico titulado superior. A titulación esixida será a de enxeñería industrial ou enxeñería técnica industrial, licenciatura en química industrial ou titulación superior vencellada a industria.

Finalizado o proceso selectivo, os que o superasen procederán ó asinamento do contrato laboral fixo, suxeito ó período de proba regulado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, actuando como órgano de contratación da fundación o Consello de Dirección a través do seu presidente.

O proceso de selección estará formado por un concurso de méritos en formación e experiencia (segundo as bases da convocatoria que se atopan á disposición dos interesados na sede da Fundación no Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 San Cibrao das Viñas en Ourense o ben na rúa Varsovia 4-C 2ª planta -Área Central- 15703 Santiago de Compostela), unha proba teórico-práctica e unha entrevista persoal. A proba teórico-práctica será sobre coñecementos xerais da praza segundo os requisitos valorados no concurso de méritos, a cal haberá que superar para pasar á entrevista persoal. Na entrevista persoal avaliarase a adecuación do candidato ó posto de traballo.

A puntuación final do proceso de selección obterase por suma dos puntos obtidos na fase de concurso de méritos (máximo 20 puntos), na proba (máximo 10 puntos) e na entrevista persoal (máximo 10 puntos).

A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

A persoa que desexe tomar parte no proceso de selección deberá remitir por correo certificado ós enderezos antes sinalados a correspondente solicitude, segundo modelo presentado como anexo I, achegando unha fotocopia do DNI e o seu currículum vitae detallado con documentos acreditativos (formación e experiencia) para a valoración do concurso

de méritos. Cada candidato só poderá optar a unha das prazas convocadas, e deberá indica-la praza á que opta; a omisión deste requisito será motivo de anulación da solicitude presentada.

As solicitudes serán dirixidas ó presidente do Consello de Dirección da Fundación e presentadas nos enderezos antes sinalados. A data límite para a presentación da solicitude e méritos individuais será dun mes desde a publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

José Manuel González González

Presidente do Consello de Dirección

da Fundación para o Fomento da Calidade

Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico

de Galicia

ANEXO I

Solicitude para participar no proceso de selección para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

Datos persoais:

Primeiro apelido... Segundo apelido...

Nome... DNI...

Enderezo...

Localidade... Provincia... Cód.Postal...

Teléfono... Data de nacemento...

Localidade... Provincia...

Nacionalidade... Nº afiliación á Seguridade Social...

Titulación...

Praza á que opta...

Declaración xurada:

O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer emfermidade ou defecto físico que lle impida desempeña-las funcións correspondentes ó posto de traballo da praza á que opta, e non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Lugar e data...

Asinado:...

Nota: xunta-la documentación requirida.

Presidente do Consello de Dirección da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia