Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do PERI I-08 Praza de España (expediente 4658/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior I-08 Praza de España conforme a documentación presentada por Roberto Crespo Vázquez o día 5 de maio de 1997, redactado polos arquitectos J.L. Pereiro, S.L. e Ramón Álvarez Hernansanz, e visado polo COAG con datas do 5 de decembro de 1997 e 12 de febreiro de 1998.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individual ós propietarios de terreos.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia para

tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de agosto de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7424