Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Álvaro Pérez-Lafuente Bóveda en representación de El Marino, S.A, para a reordenación de volumes no predio El Marino sito nas rúas Jaime Solá e Hospital.

O que se fai público significando que, contra o acordo citado, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicacion deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

De conformidade co establecido no artigo 110.3º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

O Grove, 17 de xullo de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde

7678