Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 30 de xullo de 1998, aprobou definitivamente o proxecto de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación Alameda Talorío, do polígono Núm. 2 das normas subsidiarias de planeamento do concello, promovida por José Lorenzo e Hijos, S.L., Gonzalo Luna Vidal e Arturo Martínez Vidal. Así mesmo, o Pleno do Concello acordou nomear a Ramón Fernández Garrido para representar á Administración municipal na xunta de compensación indicada.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 162 do Regulamento de xestión urbanística.

Soutomaior, 31 de xullo de 1998.

Agustín Reguera Ocampo.

Alcalde

7681