Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 26-6-1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxuste de aliñacións da unidade de actuación centro sur número 13 do PXOU vixente (Avenida de Madrid-Ronda de Fingoi), por solicitude de Manuel Mallo Mallo, na súa calidade de presidente de xunta de compensación da devandita unidade de actuación.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 2 de xullo de 1998.

Vº e Prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Teniente-alcalde delegado de Área

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

7668