Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO de aprobación do abastecemento de augas a Donas e Borreiros.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria de carácter extraordinario celebrada o pasado día nove dos que corren, acordou, por unanimidade, aproba-lo proxecto das obras de abastecemento de auga a Donas e Borreiros, redactado polo enxeñeiro Manuel de la Varga Fernández.

O devandito documento queda exposto ó público durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos pertinentes.

Gondomar, 13 de xullo de 1998.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

7147