Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 19 de maio de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, para reaxustar aliñacións e rasantes e ordenar volumes das unidades de actuación 24 e 40, no lugar de Ponte do Ba, parroquia de Loureda, promovido por Promotora Herculina Conchado e redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes. (Expediente 42/1997 PED).

Arteixo, 29 de xuño de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

7137