Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial de estudios de alturas medias.

O Concello de Cariño, en sesións plenarias celebradas os días seis e vintenove de xuño, acordou aprobar inicialmente os estudios de fixación de alturas medias redactados polo técnico municipal J. Fernando Fraguela Docanto, relativos ás rúas: Avda. da Constitución no tramo dereito (desde a rúa doutor Carreño á rúa profesor Horacio Fernández); no tramo dereito da rúa Crecente Veiga (desde a rúa Angustias á rúa do Campo); e ó tramo esquerdo da rúa Menéndez Pidal de Cariño e nas marxes esquerdas da Avda. Pérez Lugín (da r/ doutor Carreño á fin DSU) e da rúa doutor Carreño (da r/ Horacio Fernández e Pérez Lugín) de Cariño, de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sométense a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun dos xornais de máxima difusión da provincia e no taboleiro de anuncios do concello.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a publicación do presente anuncio no DOG. A documentación atópase á disposición do público nos servicios técnicos da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse seu enderezo, non poidan ser notificados individualmente.

Cariño, 1 de xullo de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

7139