Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentess ós expedientes que se indican.

De conformidade co disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, o rector resolve facer público o resultado das adxudicacións dos expedientes que se mencionan a continuación.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidad de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicio de xestión económica e contratación.

1. Obxecto do contrato: Exp. 2/98.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: equipamento activo da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións e da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo.

c) Lotes:

d) Boletín e data da publicación do anuncio de licitación: DOG 30-3-1998.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación: importe total 16.000.000 de pesetas.

4. Adxudicación:

a) Data: 19-6-1998.

b) Contratista: Unitronics Comunicaciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.940.918 pesetas.

1. Obxecto do contrato: Expl 402/98.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: marquesiña para a parada de autobuses no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

c) Lotes:

d) Boletín e data da publicación do anuncio de licitación: DOG 30-3-1998.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación: importe total 14.457.637 pesetas.

4. Adxudicación:

a) Data: 2-6-1998.

b) Contratista: Construcciones Cardeñoso, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 14.239.327 ptesetas.

Vigo, 13 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7149