Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998 pola que se somete á información pública a adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, en cumprimento do disposto no apartado 4º do artigo 20 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

Por Resolución do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 27 de abril) someteuse á información pública a adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

Unha vez cumpridos os trámites establecidos nos números 2º e 3º do artigo 20 da Lei 10/1997, do

22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, procede someter de novo á exposición pública o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia en cumprimento do disposto no número 4º do devandito artigo, para que se poidan formular alegacións definitivas e derradeiras, polo que

RESOLVO:

Someter á información pública durante o prazo de vinte días o plan denominado adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

O documento atópase á disposición dos interesados nos seguintes lugares:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feáns, 1-3 baixo; 15706-Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña; edificio administrativo Monelos, praza Luís Seoane, s/n; 15008-A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, Ronda da Muralla, 70; 27074-Lugo.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, Avda. da Habana, 79-2ª planta; 32004-Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, rúa Benito Corbal, 47-3º; 36067-Pontevedra.

As alegacións que se presenten deberán dirixirse ó conselleiro de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1998.

José A. Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

7066