Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 15 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lle notifican a Dolores Mercedes García Rubio diversos trámites levados a cabo no expediente que se lle instrúe.

Por medio da presente cédula notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por ter enderezo descoñecido, os seguintes trámites levados a cabo no expediente disciplinario que se lle instrúe por orde da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais por acordo do 8 de maio de 1998.

1. Iniciación das actuacións, con data do 1 de xullo de 1998.

2. Eleva-la suspensión provisional de funcións a suspensión de emprego e soldo, con data do 6 de xullo de 1998.

Así mesmo, cítase a Dolores Mercedes García Rubio para que compareza ante este órgano instructor sito na Dirección Provincial do Sergas, rúa Durán Loriga nº 3 (Unidade de Recursos e Reclamacións, 4ª planta), o vindeiro día 27 de xullo de 1998, co fin de prestar declaración.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 15 de xullo de 1998.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

7676