Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre constitución, modificación, disolución, cancelación e baixa provisional das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das Sociedades Agrarias de Transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a modificación, disolución, cancelación e baixas provisionais que se citan.

Constitución de: a Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Faílde SAT nº 973 XUGA, de

responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo nas Casas Novas-Goiás-Lalín (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 15.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Viveiros Compostela SAT nº 974 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Corna-Pousada-Boqueixón (A Coruña); obxecto social: producción, transformación e comercialización de plantas hornamentais e forestais; capital social: 2.100.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería do Campo SAT nº 975 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo San Pedro-Campo-Trazo (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 64.500.000 pesetas; nº socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Finca A Cheda SAT nº 976 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo na Cheda-Abellá-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 39.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación O Ferreiro SAT nº 977 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Traseirexe-Rendal-Arzúa (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 15.600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Lurigados S.A.T. nº 978 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Gueimonde- A Pastoriza (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandeiría vacúa de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de: a Sociedade Agraria de Transformación Granxa San José SAT nº 785 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 25 de maio de 1998, acordan por unanimidade a elección da nova xunta rectora que integran: Xosé Villar Lema, presidente; Aurea Amelia Areas Alvarellos, secretario; María Alvarellos Martínez, vocal.

Disolución de: a Sociedade Agraria de Transformación Vipuca SAT nº 477 XUGA, na asemblea xeral de socios do 21 de novembro de 1997, acordan por maioria solicita-la disolución nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de: a Sociedade Agraria de Transformación VipucaSAT nº 477 XUGA, na asemblea xeral do 8 de decembro de 1997, acordan aprobar por maioría a súa cancelación, aceptando o balance final da liquidación.

Baixa provisional de: a Sociedade Agraria de Transformación Índustrias Lácteas Cerceda y Explotación de Tierras y Ganado SAT nº 669 XUGA, por mandamento do 11 de maio de 1998 da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

A Sociedade Agraria de Transformación Monte do Castro SAT nº 862 XUGA, por mandamento do 11 de maio de 1998 da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa pro-

visional no índice das entidades.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

7329