Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.448

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de nutrición e bromatoloxía, do departamento de Química Analítica e Alimentaria, a Julia Mª Dolores de la Montaña Miguélez. (Praza 82/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por

resolución da Universidade de Vigo do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de nutrición e bromatoloxía, do departamento de Química Analítica e Alimentaria, a prol de Julia Mª Dolores de la Montaña Miguélez, con documento nacional de identidade número 32.429.833, e cumprindo a interesada os requisitos a que se refire o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Julia Mª Dolores de la Montaña Miguélez profesora titular de universidade da área de coñecemento de nutrición e bromatoloxía, do departamento de Química Analitica e Alimentaria.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado

Vigo, 22 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7386