Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.448

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de matemática, do departamento de Matemática Aplicada, a Eduardo José Martínez Brey. (Praza 103/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a prol de Eduardo José Martínez Brey, con documento nacional de identidade número 33.223.216, e cumprindo o interesado os requisitos a que se refire o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo José Martínez Brey, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado

Vigo, 20 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7348