Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Santiago de Compostela e San Cristovo de Merín, con anexo, por substitución da concesión V-1623; XG-104, entre Santiago de Compostela e Vedra, con prolongación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda, con data do 10 de xuño de 1998, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a empresa Seoane, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Santiago de Compostela e San Cristovo de Merín, con anexo, por substitución da concesión: V-1623;

XG-104, entre Santiago de Compostela e Vedra, con prolongación de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Santiago de Compostela, Piñeiro (cruzamento de Vedra), San Xulián de Sales, Illobre, Terrón, Vedra, Pousada, Chao de Cartas e San Cristovo de Merín.

* Terrón, Ferreira, Cornando, Nande, Gándara e Piñeiro (cruzamento de Vedra).

2. Expedicións.

Santiago de Compostela-San Cristovo de Merín (17,6 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

* Unha expedición de ida os días lectivos.

Terrón-Santiago de Compostela (13,6 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Vedra-Santiago de Compostela (15 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,0372 pesetas.

* Tarifa usuario: 10,7389 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5056 pesetas.

Contra a citada disposición, definitva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

7298