Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.426

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de xullo de 1998 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 433/1997 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, dictada con data do 8 de maio de 1997, no recurso 02/0004338/1995, interposto por Marpesa, S.A.

No recurso contencioso-administrativo 02/0004338/1995, interposto perante o Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, por Marpesa S.A., contra orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Xunta de Galicia do 30 de decembro de 1994 (Diario Oficial de Galicia do 18 de xaneiro de 1995) sobre rescate de concesións outorgadas polas OO.MM. do 6-10-1953, 11-12-1953 e 18-9-1964, con destino á instalación de bateas de mexillón no polígono de Baiona (Pontevedra), titularidade de Marpesa, S.A., dictouse, con data do 8 de maio de 1997, sentencia da que a parte dispositiva di así:

Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Marpesa, S.A., contra a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, do 30 de decembro de 1994, pola que acorda proceder ó rescate sen indemnización das concesións denominadas Marpesa 13, 14, 15, 16, 17, 18, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30 e 31, situadas no polígono de Baiona; anulámo-la dita resolución por ser contraria a dereito; recoñéceselle o dereito da recorrente ó fondeo das catorce bateas nas respectivas cuadrículas do polígono de Baiona e que sexa indemnizada dos danos e perdas causados conforme as bases establecidas no fundamento de dereito segundo desta sentencia; sen facer imposición das custas.

Na súa virtude, esta consellería, de conformidade co dispuesto nos artigos 17.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e 103 e seguintes da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decem

bro de 1956, dispuxo o cumprimento nos seus propios termos da referida sentencia e que se publique a aludida decisión no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7710