Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 241/1998, do 24 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha parcela de 835 m, feita a favor do Servicio Galego de Saúde polo Concello de Vigo para a construcción dun centro de saúde.

O Concello de Vigo, en sesión celebrada o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco, acordou cederlle ó Servicio Galego de Saúde a parcela ou bloque 14 das incluídas no proxecto de compensación da unidade de execución Rosalía de Castro I, cunha extensión superficial de 835 m, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuito. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non poderán adquirirse bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas e afeccións impostos sobre eles supera o seu valor intrínseco. Non se considerarán carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde, e de conformidade coas condicións estipuladas no acordo do Pleno do Concello do 31 de marzo de 1995, e segundo as determinacións contidas no estudio de detalle que desenvolve o Plan

Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Vigo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble propiedade do Concello de Vigo, feita a favor do Servicio Galego de Saúde, para a construcción dun centro de saúde.

2. A parcela cedida ten unha superficie de 835 m é a número 14 das incluídas no proxecto de compensación da unidade de execución Rosalía de Castro 1, sendo os seus lindes os seguintes:

-Ó norte: límite do ámbito da unidade de execución da que forma parte.

-Ó sur: rúa Rosalía de Castro, na fachada da cal se proxecta unha zona de soportais e acceso a praza pública en propia parcela.

-Ó leste: parcela 13 de Ucha y Cía, S.L. e outros.

-Ó oeste: parcela 15 con edificio de Ernesto Vázquez Álvarez.

3. O inmoble obxecto da cesión está inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 a favor do Concello de Vigo, no tomo 990, folio 78, predio nº 68.860, inscrición primeira.

Artigo 2º

O inmoble cédese segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 38 do seu Regulamento e de acordo coas determinacións contidas no estudio de detalle que desenvolve o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade ó seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego de Saúde

7551