Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.415

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 14 de xullo de 1998 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A. Posto: xefe de prensa (REF. XP-TUR).

1. Funcións principais: tarefas de relación cos medios de comunicación social, redacción de noticias e notas de prensa para eles, así coma a redacción e maquetación de publicacións que mostren a actividade do sector turístico de Galicia.

2. Prazas: 1.

3. Requisitos:

Titulado superior.

Experiencia de, polo menos, dous anos en gabinetes de prensa.

Coñecementos de informática a nivel usuario.

Coñecementos de galego.

4. Valorarase:

Currículum vitae.

Licenciatura en Periodismo ou Ciencias da Información.

Capacidade para integrarse en equipos de traballo.

Capacidade de síntese.

5. Probas que se realizarán:

Proba de informática (Access, Word, Excell 97 e Quarkxpress).

Proba de coñecementos de galego.

Proba sobre redacción e maquetación.

B. Documentación que se presentará:

Solicitude, indicando a referencia, dirixida ó xefe da Área Económica e de Persoal de Turgalicia (estrada Santiago-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

Currículum vitae.

Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C. Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos do proceso.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

7343