Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.415

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 21 de xullo de 1998 para a convocatoria de tres prazas de persoal laboral fixo para o Centro Superior de Hostalería de Galicia, Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

A. Posto: profesor de finanzas (REF. FIN-198).

1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento participará na preparación das materias da área, incluíndo o material docente, así como na impartición de clases e na avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (tempo parcial).

3. Requisitos:

Licenciatura en CC. económicas ou empresariais.

Experiencia profesional na área de 1 ano.

Experiencia docente.

4. Valorarase:

Currículo.

Coñecementos da área.

Aptitude docente.

Ofimática.

Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

Impartición de clase.

Planificación docente.

Proba práctica de Microsoft Word 97 e Microsoft Excel 97.

Entrevista persoal.

Cuestionario de personalidade.

B. Posto: profesor de francés (REF. FRA-298).

1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento participará na preparación das materias de francés, incluíndo o material docente, así como na impartición de clases e na avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (tempo parcial).

3. Requisitos:

Titulación universitaria.

Estadía de 6 meses en país onde o francés sexa idioma oficial.

Experiencia docente de 6 meses.

Dominio de lingua francesa oral e escrita.

4. Valorarase:

Currículo.

Coñecementos de inglés.

Aptitude docente.

Ofimática.

Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

Exame oral e escrito de francés (eliminatorio).

Impartición de clase.

Planificación docente.

Proba práctica de Microsoft Word 97.

Entrevista persoal.

Cuestionario de personalidade.

C. Posto: auxiliar administrativo (REF. AUX-398).

1. Funcións principais: atención telefónica e tarefas administrativas.

2. Prazas: 1.

3. Requisitos:

Experiencia profesional en tarefas administrativas en contacto co público, de 18 meses.

FP II ou equivalente.

Ofimática (Microsoft Office).

Mecanografía: 200 ppm.

Inglés.

4. Valorarase:

Currículo.

Francés.

Aptitude para a realización de tarefas administrativas.

Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

Mecanografía (eliminatoria).

Microsoft Word 97, Microsoft Excel 97 e Microsoft Access 97 (eliminatoria).

Idiomas oral e escrito (eliminatoria).

Avaliación de aptitudes administrativas.

Entrevista.

D. Documentación que hai que presentar:

Solicitude, indicando a referencia do posto ó que se opta, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

Currículo.

Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

Nas prazas de profesor, certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nos estudios necesarios para optar á praza, así como o total de convocatorias.

E. Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1998.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.