Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.414

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 18 de xuño de 1998 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo par a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A. Posto: encargado de almacén (REF. EA-TUR).

1. Funcións principais: tarefas de organización do almacén dedicado a material de promoción turística, control de envíos de material e inventario deste.

2. Prazas: 1.

3. Requisitos:

FP I ou equivalente.

Permiso de conducir B-1.

Experiencia de dous anos en xestión de almacén.

Coñecementos de informática a nivel usuario.

4. Valorarase:

Currículum vitae.

Experiencia en almacenamento de papel.

Aptitudes físicas.

Coñecementos de cultura xeral.

Dotes de organización.

Capacidade para integrarse en equipos de traballo.

5. Probas que deberá realizar:

Proba escrita de cultura xeral.

Proba de informática (Word 97).

Entrevista.

B. Posto: operador de central de reservas (REF. OP-TUR).

1. Funcións principais: tarefas de atención telefónica para a realización de reservas e información sobre o turismo rural de Galicia.

2. Prazas:1.

3. Requisitos:

FP II ou equivalente.

Coñecementos sobre xeografía, historia e arte de Galicia.

Amplos coñecementos dos idiomas galego e inglés.

Coñecementos de informática a nivel usuario.

Responsable e con gran capacidade de relación.

4. Valorarase:

Currículum vitae.

Coñecementos dalgún outro idioma extranxeiro.

Experiencia en manexo de centrais de reservas.

5. Probas que deberá realizar:

Proba escrita de idiomas: inglés e galego.

Proba escrita sobre coñecementos de Galicia.

Proba de informática Access, Word y Excell 97.

C. Documentación que deberá presentar:

Solicitude, na que indique a referencia, dirixida ó xefe da Área Económica e de Persoal de Turgalicia (estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

Currículum vitae.

Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

D. Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

E. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

7341