Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 21 de xullo de 1998, en relación co expediente de distribución de beneficios e cargas na unidade de xestión UGA Cl, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes. En cumprimento do disposto no Art. 42 de Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación de edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o que se poderán formula-las alegacións que se estimen pertinentes, atopándose o expediente de manifesto nas oficinas municipais.

Quiroga, 22 de xullo de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

7526