Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 21 de xullo de 1998, en relación co expediente de distribución de cargas e beneficios na unidade de xestión UGA Cl, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación da devandita unidade. En cumprimento do disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación de edicto no Diario Oficial de Galicia durante o que se poderán formula-las alegacións que se estimen pertinentes, atopándose o expediente de manifesto nas oficinas municipais.

Mesmamente e ante a imposibilidade de practica-las notificacións a tódolos afectados, e en cumprimento do establecido no Art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, súplense estas mediante a publicación deste edicto.

Relación de propietarios afectados ós que se lles notifica neste edicto.

-José Vila García.

- Alicia Vila García.

-Amalia, Sara, Oliva e Cristina Marcos Lago.

-Julia Marcos Lago.

-Herdeiros de Ramona Marcos Lago (Jaime Montero Marcos).

-Herdeiros de Manuel Marcos Lago (Emilia González).

-Herdeiros de Arsenio Marcos Lago (Amalia Marcos Dacal).

Quiroga, 22 de xullo de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

7527