Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

En virtude do acordado polo Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 1998, anúnciase concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación das seguinte obras, incluídas no Plan de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais de 1998, denominadas: vías e accesos a núcleos nas parroquias de Aranga, Muniferral e Feás.

Tipo de licitación: 5.673.065 pesetas.

Vías e accesos a núcleos nas parroquias de Feás, Vilarraso, Cambas e Fervenzas.

Tipo de licitación: 5.622.783 pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza: provisional do 2% e definitiva do 4% do prezo de licitación.

Expediente: poderá ser examinado na secretaría en horas de oficina.

Proposicións: no prazo de 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación o último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas municipais, en horas das 9 ás 13.

Modelo de proposición: en modelo oficial conforme o prego de cláusulas administrativas xerais.

Apertura de proposicións: na sala de sesións o día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

Aranga, 14 de xullo de 1998.

Ángel Vázquez Porto

Alcalde en funcións

7067