Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 12 de xuño de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para reordena-las plantas baixas nas parcelas 25-A e 25-B do polígono de Los Rosales, presentado polas entidades Cricorde, S.A. e outros, C.B. e Inmobiliaria Monte Mar, S.L.

O que se fai público significando que contra o acordo que se traslada cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña, 23 de xuño de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

7079