Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de declaración de urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos precisos para continua-la explotación de lousa na concesión que se cita.

De acordo co disposto no artigo 102 da Lei de minas do 21 de xullo de 1973 e 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e para os efectos previstos no artigo 56 do seu regulamento executivo, sométese a información pública a solicitude feita por Pizarras Os Vales, S.A. para que se declare de urxente ocupación a continuación dos traballos de explotación da concesión de lousa Os Vales, nº 4.285, sita no lugar de Fraga da Aguia, no concello de Carballeda de Valdeorras, da provincia de Ourense, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento do labor.

Publícase como anexo desta resolución a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación.

O que se fai público de conformidade co previsto no apartado 2º do artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa. Calquera persoa, dentro dos quince días seguintes á publicación desta resolución, e ós interesados no mesmo prazo contado desde o día seguinte á notificación que se lles fará, poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de bens e propietarios afectados, presentando por triplicado as alegacións que coiden procedentes nas oficinas desta delegación provincial, sita na rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense.

Ourense, 16 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Parcela nº 1.737.

Propietario: Rafael Vidal León.

Enderezo: rúa Eulogio Fernández, nº 23 - O Barco de Valdeorras.

Propiedade: predio de 2.720 m. Estrema ó norte, co monte comunal e con Baldomero Valle Anta; ó sur co monte comunal; ó leste con Aurelio Valle Carrera e con José Vidal Anta, e ó oeste co monte comunal.

Parcela nº 1.738.

Propietario: José Vidal Anta.

Enderezo: Casaio. Suso. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 680 m. Estrema ó norte co monte comunal, Eugenia Vidal S-S e con José Vidal Real; ó sur con Teresa Real Vidal; ó leste con Teresa Real Vidal, e ó oeste con Teresa Vidal Real, Aurelio Valle Carrera e Teresa Real Vidal.

Parcela nº 1.750.

Propietario: César Valle Valle.

Enderezo: Casaio. Suso. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 2.200 m. Extrema ó norte con Paciano Álvarez Carrera e José Vidal Real; ó sur con Celia Valle Valle e Valentín Mon S-S; ó leste monte comunal, e ó oeste con José Vidal Real e Clotilde Valle Valle.

Parcela nº 1.749.

Propietaria: Clotilde Valle Valle.

Enderezo: rúa Jaén, nº 13 - Ponferrada (León).

Propiedade: predio de 380 m. Estrema ó norte con José Vidal Real; ó sur con Celia Valle Valle; ó leste con César Valle Valle, e ó oeste con Teresa Real Vidal.

Parcela nº 1.741.

Propietaria: Celia Valle Valle.

Enderezo: rúa Teruel, nº 35 - Ponferrada (León).

Propiedade: predio de 520 m. Estrema ó norte con Clotilde Valle Valle e César Valle Valle; ó sur con Valentín Mon S-S; ó leste con Valentín Mon S-S, e ó oeste con Teresa Real Vidal.

Parcela nº 1.740.

Propietaria: Teresa Real Vidal.

Enderezo: Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 2.240 m. Estrema ó norte con José Vidal Real e José Vidal Anta; ó sur con Valentín Mon S-S, e ó oeste con José Vidal Anta e monte comunal.

Parcela nº 1.746.

Propietaria: Eugenia Vidal S-S.

Enderezo: Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 1.200 m Estrema ó norte con monte comunal; ó sur con Aurelio Valle Carrera, Teresa Real Vidal e José Vidal Anta; ó leste con José Vidal Real, e ó oeste con Baldomera Valle Anta.

Parcela nº 1.739.

Propietaria: Teresa Real Vidal.

Enderezo: Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 168 m. Estrema ó norte con Eugenia Vidal S-S; ó sur con José Vidal Anta; ó leste con José Vidal Anta, e ó oeste con Aurelio Valle Carrera.

Parcela nº 1.745.

Propietaria: Baldomero Valle Anta.

Enderezo: Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 1.060 m. Estrema ó norte con monte comunal; ó sur con Aurelio Valle Carrera e Rafael Vidal León; ó leste con Eugenia Vidal S-S, e ó oeste con monte comunal.

Parcela nº 1.742.

Propietario: Aurelio Valle Carrera.

Enderezo: Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 448 m. Estrema ó norte con Baldomero Valle Anta e Eugenia Vidal S-S; ó sur con Teresa Real Vidal; ó leste con Teresa Real Vidal, e ó oeste con Rafael Vidal León.

Parcela nº 1.743.

Propietaria: Teresa Real Vidal.

Enderezo: Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Propiedade: predio de 172 m. Extrema ó norte con Aurelio Valle Carrera; ó sur con Rafael Vidal León; ó leste con José Vidal Anta, e ó oeste con Rafael Vidal Anta.

7305