Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. OU-06/98 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O acordo de incoación dictado no procedemento sancionador de referencia considérase proposta de resolución de acordo co establecido no artigo 19.2º do Regulamento da potestade sancionadora da Administración, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), fronte á que os interesados poderán efectuar alegacións e presenta-los documentos e informes que consideren pertinentes no prazo de quince días. Igualmente poderán acceder ó contido do expediente ou obter copia dos documentos que figuran nel.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 17 de xullo de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S. OR-06/98.

Presunto responsable: Ana María González Cid.

DNI: 34.999.825-N.

Último enderezo coñecido: rúa Pablo Iglesias, nº 10-2º B. Ourense.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: artigo 56 Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 500.000 ptas. de multa.

7219